jueves, 23 de julio de 2015

Procesión Virxe do Carmen- Cariño 2015


Foron varias as veces nas que de rapaz acompañei á Virxe do Carmen coa Banda Municipal de Viveiro polas rúas de Cariño. Quen me ía dicir que anos despois a vida me depararía voltar a facer realidade algo que só se gardaba en min como lembranzas, moi gratas por certo e sempre adornadas polos sons da banda, os barcos no mar e a danza de arcos!
Pois ben, despois dun ano no que o traballo me levou a desfrutar das festas do Carmen e sendo partícipe da procesión, atopeime co triste decaemento de tan significativa e valorada celebración para o pobo; pero tamén coa ledicia de poñer por meta aportar a miña man para que esta festa gozase do prestixio que realmente ten e merece e as ganas, a fe e a forte colaboración das xentes do pobo a tan benerada imaxe.



Dou grazas, polo tanto, ó párroco Don Paco, ó patrón maior, ós levadores e ós alumnos da Escola Perkusiona, Batería do Cariño, por confiar en min para tan encomiable labor. 
Que a Virxe do Carmen garde de nós.

Cos hombros desta xente, ó fin do mundo.


Manuel Yáñez Lage

No hay comentarios:

Publicar un comentario