miércoles, 22 de febrero de 2017

PERKUSIONA, UNHA ESCOLA DIFERENTE

A TAN SÓLO DOS DÍAS DE NUESTRO ESTRENO, OS DESVELAMOS ALGUNAS SORPRESILLAS Y NO HAY MEJOR FORMA PARA A HACERLO QUE MEDIANTE UNA NOTA DE PRENSA. 


PERKUSIONA Escola de percusión foi fundada en Lugo no ano 2012 da man do seu director Manuel Yáñez Lage, cuxo obxectivo principal, ademais do ensino de música ao alumnado, é a creación dun grupo de percusión sobre os piares da unidade e a amizade, reflectido isto no lema da súa Escola, USM (Unidos Seremos Máis).

Dende a súa orixe, a batería desta escola, Batería da Unidade, espallouse por multitude de sitios da nosa terra: Lugo, Melide, San Ciprián, Ortigueira, Ribadeo, Viveiro, Cariño, Mondoñedo, Cedeira, Foz, etc., sendo neste último lugar onde reside a maioría do alumnado da Escola.

A chegada dos focenses á batería comezou a raíz do primeiro curso de percusión organizado en Foz que provocou o entusiasmo de crear unha propia batería na vila, a cal medra e evoluciona cada vez máis co apoio do Concello e co agarimo de todo o pobo.

Actualmente, o Director da Escola está a crear un novo proxecto musical no que se conxuga  percusión,  instrumentos de corda, de vento e a voz; presentando un perfil totalmente diferente de Perkusiona ao xa amosado con anterioridade, co fin de ofertar e abranguer un meirande abano musical.

Será no Entroido focense deste ano onde se estree e presente unha pequena parte deste proxecto, concretamente o venres 24 de febreiro; pois dende esta Escola preténdese facer do Concello de Foz un referente tanto a nivel carnavalesco como para a formación dun evento anual de batucadas.

Mais a xira de Entroido non remata aquí, pois a Batería da Unidade visitará máis concellos para a celebración do Carnaval: venres 24 e sábado 25 de febreiro amenizará o Entroido de Foz; o domingo 26 a Escola viaxará até Burela para ambientar cos seus ritmos o desfile de Entroido; o luns 27 serán os lucenses os que poderán gozar dos tambores de Perkusiona pola rúa Fontiñas; martes 28 e mércores 29 Perkusiona tornará para a costa, pero esta vez será en Viveiro onde o alumnado dará todo de si durante o desfile de Entroido do martes e o Enterro da Sardiña do mércores.

Non se pode esquecer a importancia da colaboración dos patrocinadores da Escola Perkusiona para a posta en marcha deste novo comezo: café-bar A Funcional (Foz), Restaurante Casa Maño (Foz), Mesón As Brasas (Foz), gasolineira La Ola (Foz), Stick Garage (Lugo), Arco Iris (Lugo); e ao seu socio colaborador Minerales Pasek (Cariño); os cales acolleron e apoiaron dun xeito magnífico a esta Escola e ao seu alumnado.

Dende aquí, Perkusiona quere agradecer a todas aquelas persoas que día a día, dunha ou doutra maneira, apoian esta escola e, en especial, ao seus compoñentes, cos cales é un orgullo coleccionar tan gratos momentos como os xa vividos. 
¡ANÍMATE A FORMAR PARTE DESTA GRAN FAMILIA!

No hay comentarios:

Publicar un comentario